miércoles, 4 de diciembre de 2013

Boas compañeir@s:

Como moitos de vos sabedes, os alumnos da Facultade de Socioloxía da UDC organizan unha xornadas de conferencias e debate chamadas "La Palestra". Esta xornada levarase a cargo da Profesora Doutora: 

Rosa Mary de la Campa Portela 
(Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas UDC)



A conferencia terá lugar: o día 11 de decembro ás 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía da UDC.

É unha conferencia aberta para tod@s e sen nengún tipo de custo económico, agradecémosvos a asistencia para que se sigan realizando estas actividades.

martes, 26 de noviembre de 2013

Boas compañeir@s:

A biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación imparte este martes 27 de novembro un curso de formación avanzada do programa "Sociological Abstracts".
Lembrade que para poder asistir ao curso necesitades enviar un correo electrónico a: soc.bib@udc.es

"Sociological Abstracts"


miércoles, 20 de noviembre de 2013

Boas compañeir@s:

O departamento de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación imparte este xoves 21 as 13:00 horas na Aula Magna da Facultade; unha charla de Bap & Conde da man de                      


                                                            Miguel Conde Lobato



      "Bap & Conde, creatividade galega"



http://www.bapconde.com/

Un saudo !

martes, 19 de noviembre de 2013

Boas compañeir@s:

Hoxe non vamos a facer difusión de actividades de carácter académico senón dunha índole solidaria. Hoxe 19 de novembro o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) en horario de 9:30 a 14:30 estará na entrada da facultade de Socioloxía da UDC



Agradecemos a vosa colaboración, con cada grao de area conseguiremos facer unha montaña.

Saudos !

viernes, 15 de noviembre de 2013

Boas compañeir@s:

Outro ano máis, a Facultade de Socioloxía organiza unhas xornadas sobre o "Oficio do Sociólogo". Este ano contamos cun comité organizador formado por profesores da nosa facultade como Amparo Almarcha (Catedrática de Socioloxía da UDC) ou Laura Oso Casas (Vicedecana da Facultade de Socioloxía, UDC). Tamén aquí contamos con: Eduardo Haz Gómez (Sociólogo), ou Sheyla Porral Novis (Profesora de Orientación e Formación Laboral).

Esta "IV Xornada sobre o oficio do Sociólogo" terá lugar:

Día: 18 de novembro de 2013
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Socioloxía.



Recordade que para a inscrición debedes enviar nome, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico a socicoru@udc.es

PROGRAMA:

Para máis información: http://www.sociologia.udc.es/gl/novas-gl/408-iv-xornadas-do-oficio-do-soci

jueves, 14 de noviembre de 2013

Boas compañeir@s:

A biblioteca de Socioloxía e C.C da Comunicación da UDC presenta o seu novo espazo en facebook. Aquí podedes atopar toda a información en referencia a mesma, espero que vos poida ser de axuda:

https://www.facebook.com/UDCBiblioCOMSOC?fref=ts


Para calquer suxerencia podedes contactar con nós neste correo:

socioloxiainqueda@gmail.com

Saudos compañeir@s !

viernes, 8 de noviembre de 2013

Boas compañeir@s !

Comeza na UDC a convocatoria de premios extraordinarios curso 2012-2013:

UDC. Premios extraordinarios curso 2012/2013

Convocatoria de premios extraordinarios de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro e graduado no curso 2012/2013

O prazo será ata o venres 15 de novembro de 2013.

Podedes descargar aquí o impreso de solicitude e todo a información acerca dos premios:

 http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/actualidade/eventos/2013/11/Premiosextraordinarios2013conv.pdf

Información extraida da páxina da facultade de socioloxía: http://www.sociologia.udc.es/es/  (a dereita da páxina en "Últimas Novedades").